quinta-feira, 27 de agosto de 2009

Caraveliño

- E ese é o meu bote
- Que bonito!
...
- Anda! Que nome máis lindo, Caraveliño.
- Si, púxenllo por un tío da miña muller. Dis que era tan guapo que todo o mundo lle chamaba así, Caraveliño.
- Si?
- Si, casou 12 veces. Enviuvou 11. Imaxina se sería guapo.
- Pero... matounas?
- Non se sabe. Nunca o acusaron de tal cousa.


A segunda, vale, normal. A terceira, home xa é como para pensalo. A cuarta, tiña que telo clarísimo, pero, me pregunto, que coño tería na cabeza a duodécima muller antes de casar con este home?

*Traducción en primer comentario

8 comentários:

A filla do mar disse...

CARAVELIÑO
- Y ese es mi bote
- ¡Qué bonito!
...

- !Anda! Que nombre más lindo, Caraveliño.
- Sí, se lo puse por un tío de mi mujer. Dicen que era tan guapo, que todo el mundo le llamaba así, Caraveliño.
- ¿Sí?
- Sí, se casó 12 veces. Enviudó 11. Imagina si sería guapo.
- Pero... ¿las mató?
- No se sabe. Nunca lo acusaron de tal cosa.

La segunda, vale, normal. La tercera, hombre ya es como para pensárselo. La cuarta, tenía que tenerlo clarísimo, pero, me pregunto, ¿qué coño tendría en cabeza la duodécima mujer antes de casarse con este hombre?

A filla do mar disse...

Por cierto, caraveliño significa clavelito.

Parece que en gallego suena menos ridículo, no?

Caravel y caraveliño son apelativos cariñosos utilizados con cierta frecuencia, sobre todo por las personas de más edad.

Portarosa disse...

A mí me parece inexplicable. Tanto que se le muriesen todas como que pudiese seguir casándose.

Saludos, y buen día.

taliesin disse...

Un misterio por qué casaban as mulleres. Unha pista: a beleza de caraveliño. ¿Pero que clase de beleza? Desde logo eu na vexo do mesmo tipo que aqueloutra que fai virar a cabeza, da entrada anterior. Aquila é, digamos, estética, ainda que xere dúvidas. Mas ista tiña de ser unha beleza arrebatadora, quero dicir, con cualidades divinas.

Hai que seguir pescudando (risos) ... eu comezaría por aprofundar na razón de porlle caraveliño ao bote, alén da simples lembranza do tío. E logo ... ¿cántos fillos deixou?

Saúdos

A filla do mar disse...

Home, Taliesin, que agradabilísima sorpresa!!

Pois terei que investigar o tema dos fillos e da razón de nomear así ao bote. Esta anécdota sucedeume hai un par de anos e non será doado atopar ao dono da embarcación.

Bo día.

taliesin disse...

En realidade, falei de investigar para expresar a inorme curiosidade que me produciu esa historia. Se nos preguntamos polo que terían na cabeza as mulleres coas que casaba, non imos moi lonxe: xa se sabe, habían ser parvas. Pero se consideramos a historia centrándonos na persoaxe que era capaz de criar a fascinación de tanta xente - incluidos os sobriños, décadas despois - entón parece emerxer unha grande historia.

Debes coñecer a cantiga popular que dou título a un disco de Amancio Prada: caravel de caraveles. “Veño por falta de verte / non por falta de mulleres”. Chamar caravel a alguén, simbolizalo como unha flor, é unha maneira de situar a relación noutro plano, distinto do común. Resístome a falar de sublimación, pero voume explicando, ¿non?

Pero ademáis, a flor é un símbolo do femenino, e aplicado a un home, relata as cualidades femeninas do mesmo. Porlle a un bote nome de muller é o máis común e caraveliño acaelle como anel ao dedo. Até que sabemos que se pon en memoria dun home.

Se todas istas suposicións son correctas, estamos perante un home que non as conquistaba por unha masculinidade irresistible, senón por unha capacidade para comprender ás mulleres, posiblemente cun feeling refinado, fora do común.

¿De verdade que nos vos entran gañas de coñecer máis a historia deste home?

A filla do mar disse...

Nin sequera era sobriño.

O Caraveliño era tío da súa muller. Creo que este home coñecérao xa na última etapa da súa vida, casado coa derradeira muller.

Naquel momento sorprendeume enormemente a historia (tanto como para continuar lembrándoa anos despois). E sorprendeume tamén ese apodo aplicado a un home.

Era dunha parroquia da Mariña de Lugo, cercana a Foz, e pouco máis sei.

NáN disse...

Yo creo que hay una atracción por la perdición. Un deseo de ser quien entra en la cueva del monstruo y no muere. Si no existiera esto, no existiría esa atracción fatal por jugar con el Rey del Póquer de cada lugar, para alcanzar la fama de ser quien le ha despojado... fama basada en el hecho de que el mencionado rey ha despojado a centenares o miles. Pero todos quieren ser su contrincante.